Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reclamación IN635B 2012/206-2.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 9 de agosto de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635B 2012/206-2.

Interesada: Parrillada O Ventorro, C.B.

Último domicilio coñecido: Calzada das Gándaras, 385, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.