Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste concello no Arco (Masma).

Aprobada inicialmente, por Acordo do Pleno do 23 de xullo de 2013, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Mondoñedo no O Arco (Masma), promovida por Pilar Terrón Cabanillas, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Mondoñedo, 29 de xullo de 2013

M. Orlando González Cruz
Alcalde