Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito das escrituras públicas de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e nos artigos 85 e 86 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foron depositadas as escrituras públicas de modificación de estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca, inscrita no libro de inscrición de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social