Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Vigo, recaída no procedemento número 29/2013, polo accidente laboral do traballador David Gómez David.
Os documentos que constan nos expedientes son:
• Acta de infracción.
• Xustificante da notificación (23.5.2007).
• Escrito de alegacións (15.6.2007).
• Copia da sentenza xudicial.
Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formularen as alegacións que xulguen pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.
Expediente: RL 2007/0367-4.
Acta número 458/2007.
Empresa: José Malvar Construcciones, S.A.
NIF/DNI: A-36002038.
Enderezo: Eduardo Pondal, 37, baixo, Pontevedra.
Vigo, 7 de agosto de 2013
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo