1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa-Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.
c) Número de expediente: ED-DXEFPIE-03/13 SE.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de Educación Primaria e para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria matriculados en centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) División por lotes e número: lote único.
c) Lugar de execución: Galicia.
d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 31 de decembro de 2013.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: o valor estimado do contrato é de 247.500,00 euros (IVE exluído), IVE: 51.975,00 euros.
Importe total: 299.475,00 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 95 75 38.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet: www.contratosdegalicia.es
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de oito (8) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.
2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013
P.D. (Resolución 1.8.2013)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos