Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre o establecemento dunha residencia xeriátrica no Rego (San Cosme de Manán).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 1 de agosto deste ano, aprobou inicialmente o Plan especial de dotacións para equipamentos en solo rústico, promovido por Pindoval e Hijos, S.L. segundo o documento redactado en xullo deste ano polo arquitecto Ricardo Vázquez Seijas.

O citado plan pretende o establecemento dunha residencia xeriátrica, na modalidade de minirresidencia, no lugar do Rego, parroquia de San Cosme de Manán.

De conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado plan exponse a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto, que se fará nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no DOG.

O Corgo, 2 de agosto de 2013

José Antonio Ferreiro González
Alcalde