Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de licitación de contrato do servizo de alimentación da residencia e centro de día deste concello.

En cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de xullo de 2013, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de servizos de alimentación da Residencia e Centro de Día de Boimorto, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Boimorto.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría do Concello Boimorto.

2. Enderezo: Vilanova, 1.

3. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

4. Teléfono: 981 51 60 20.

5. Telefax: 981 51 60 45.

6. Enderezo de correo electrónico: correo@boimorto.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.concellodeboimorto.es (concello/perfil do contratante).

8. Data límite de obtención de documentación e información: oito días naturais tras a publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia.

d) Número de expediente: CAPAS 1/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: alimentación da Residencia e Centro de Día.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Enderezo: A Gándara, nº 73/75.

2. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

e) Prazo de execución/entrega: un ano prorrogable por un máis.

f) Admisión de prórroga: si, prorrogable unha anualidade.

g) CPV (referencia de nomenclatura): anexo II do texto refundido da Lei de contratos do sector público, categoría 17, CPC64, CPV 5530000-3. Servizos de restaurante e subministración de comidas. Servizos de hostalaría e restaurante.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o anexo III 2 do prego de cláusulas administrativas particulares e claúsula 14.

4. Valor estimado do contrato: 71.554,24 € sen IVE.

Valor estimado incluíndo prórroga, tal como se establece, é de 143.108,48 €, IVE excluído; 160.620 € con IVE dúas anualidades.

5. Orzamento base de licitación.

Anual: 71.554,24 € sen IVE (80.310 € con IVE).

160.620 € con IVE dúas anualidades.

6. Garantías exixidas.

Provisional: (importe): non se exixe.

Definitiva: (5 %) do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría): grupo M, subgrupo 6 e categoría c.

b) Solvencia económica e financeira: véxase o prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Secretaría do Concello de Boimorto.

2. Enderezo: Vilanova, nº 1.

3. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

4. Enderezo electrónico: correo@boimorto.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Vilanova, nº 1.

b) Localidade e código postal: Boimorto 15817.

c) Data e hora: serán publicadas no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios.

Boimorto, 5 de agosto de 2013

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde