1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Número do expediente: AB-SER3-12-005.
d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde (cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013).
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.24.00.00, 09.12.30.00, 09.11.14.00, 09.13.40.00, 09.32.00.00, 34.91.30.00, 50.53.00.00.
d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S159, do 21.8.2012; BOE nº 208, do 30.8.2012; DOG nº 153, do 10.8.2012, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 10.8.2012.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 9.103.975,24 euros, coa seguinte desagregación:
– Redacción de proxectos: 407.160,90 euros.
– Dirección de obra, dirección de execución, coordinación de seguridade e saúde: 990.112,34 euros.
– Servizo de mantemento e subministración enerxética prestacional: 7.706.702,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 9.103.975,24 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 11.015.810,15 euros. Véxanse pregos.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 16.7.2013.
b) Data de formalización do contrato: 6.8.2013.
c) Contratista: Cofely España, S.A.U.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 9.015.891,99 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 10.909.229,31 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e obter a máxima puntuación de entre todas as admitidas, segundo a resolución de adxudicación do 16.7.2013 (publicado no perfil de contratante).
7. Información complementaria: cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e polo Programa de desenvolvemento rural sustentable do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos