Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35145

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2013, da Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo de Persoal e Nóminas no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 16 de abril de 2013 (DOG nº 98, do 24 de maio) a provisión dun posto de xefe de grupo de Persoal e Nóminas, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da mencionada orde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de grupo de Persoal e Nóminas convocada por Resolución do 16 de abril de 2013.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persona citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Burela, 7 de agosto de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: (N-C2-01) xefe de grupo auxiliar administrativo.

Sección: Persoal e Nóminas.

Nome e apelidos: Ferreiro Sanmiguel, Begoña María.

DNI: 33311894M.