Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35071

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa.

O parlamento galego, en exercicio da competencia asumida ao abeiro da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía, aproba a Lei 3/1996, do 10 maio, de protección dos Camiños de Santiago, que no seu artigo primeiro dispón que «para os efectos da presente lei, enténdense como Camiño de Santiago todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente». No apartado terceiro dese mesmo artigo sinálase como ruta principal o denominado Camiño Francés e no cuarto lese o seguinte: «as outras rutas que se enmarcan na denominación xeral de Camiño de Santiago correspóndense coas actualmente coñecidas como Camiño Portugués, Ruta da Prata, Camiño do Norte, Camiño de Fisterra, Camiño Inglés e Ruta do Mar de Arousa e Ulla».

O artigo 5 da devandita lei establece o procedemento para a delimitación dos Camiños, que se levará a cabo mediante un expediente incoado para este efecto. En virtude del, o secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, por Resolución do 12 de novembro de 1997 (DOG núm. 230, do 27 de novembro), acorda someter a información pública o expediente de delimitación do Camiño do Norte, ruta de peregrinación pola costa, que percorre os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol, na provincia de Lugo, e Sobrado, Boimorto e Arzúa, na provincia da Coruña. Con posterioridade, o DOG núm. 26, do 9 de febreiro de 1998, publica unha corrección de erros na que advirte que o que se somete a información pública é tan só o trazado relativo á devandita delimitación. Ese procedemento non foi resolto.

Mediante estudos posteriores revisouse o devandito trazado e procedeuse ao estudo do territorio histórico a el asociado, para a súa delimitación e axeitada protección. Os concellos polos que transcorre o Camiño, segundo a documentación analizada e a proposta formulada, son os seguintes: Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Begonte, Friol, Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela, onde entronca co Camiño Francés á altura da cabeceira do aeroporto. O tramo neste concello, non obstante, non se recolle neste expediente por ser obxecto doutro procedemento actualmente pendente de resolución.

Á vista deses estudos e considerando o interese histórico-cultural do Camiño de Santiago do Norte pola costa e a necesidade de dar cumprimento ao que establece a lei, atendendo ao parecer do Comité Asesor do Camiño de Santiago e pola proposta de resolución que presentou a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, en virtude das competencias atribuídas no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o procedemento de delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta da costa, segundo a proposta que se concreta nos anexos que se achegan (1 plano guía e 57 planos a escala 1/20.000).

Segundo. Acordar a apertura do trámite de información pública por un período de dous meses, contado desde o día seguinte á publicación desta resolución no DOG, durante o cal se poderá examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Planeamento e Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano, bloque 3 -2º, Santiago de Compostela), no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da consellería en Lugo (rolda da Muralla, 70) e nas oficinas municipais que en cada concello haxa dispostas para estes efectos.

O expediente estará integrado pola seguinte documentación: a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, o certificado do secretario do Comité Asesor do Camiño de Santiago do acordo adoptado na reunión do pleno do 30 de xullo de 2013, a resolución de incoación do procedemento de delimitación co seu anexo gráfico e unha separata por concello (en total 16), coa seguinte información sobre a ruta dentro de cada termo municipal: antecedentes históricos, breve xustificación do trazado do camiño proposto e descrición pormenorizada do percorrido, estado de conservación do camiño, descrición breve do contorno do ámbito do territorio histórico protexido co listado de elementos patrimoniais nel situados, cun anexo fotográfico e planos a escala 1:10.000.

Terceiro. Notificar esta resolución aos concellos polos que discorra o Camiño e publicala no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2013

María Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file