Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Título: LMT e CT Rúa Paraguay.
Situación: O Carballiño.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 380 m con condutor RHZ1, con orixe na LMT ao CT Julio Rodríguez Soto (32C222) e remate na LMT ao CT estrada de Ribadavia (32CFV1) con entrada e saída no CT proxectado non prefabricado, manobra exterior de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 44.593,56 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Ourense, 14 de agosto de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

