Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Neda (expediente IN407A 115/2007).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a seguir se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S,A,

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: LMT, CTI, RBTA Lobeira e anexo.

Situación: concello de Neda.

Características técnicas definitivas:

Liña eléctrica de media tensión aérea (LMTA), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,462 km, coa orixe na LMT Mourela-Fervenzas (expediente 31.563), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CTI proxectado.

Centro de transformación intemperie (CTI), de potencia 50 kVA e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV.

Rede de baixa tensión aérea (RBTA), con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude total de 1,095 km, toda con condutores tipo RZ e sobre apoios de formigón.

Resultando os seguintes feitos:

Primeiro. Por Acordo do 30 de marzo de 2007 da xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, de acordo co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A resolución foi publicada no DOG do 11 de xuño de 2007, no BOP do 22 de maio de 2007, e no Diario de Ferrol do 12 de maio de 2007, así mesmo consta o certificado con data do 15 de maio de 2007 de exposición ao público no taboleiro de anuncios do concello de Neda. Do mesmo xeito, notificouselles aos propietarios dos bens e dereitos afectados.

Segundo. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizo de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar a bens e dereitos ao seu cargo, incluíndo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Remitíronse separatas aos seguintes organismos:

– Concello de Neda o cal, en síntese, considera que supón un considerable impacto ambiental sobre o contorno, especialmente coa liña de media tensión aérea prevista, polo que deberán tomarse as medidas correctoras necesarias para favorecer en mellor medida a integración no contorno inmediato da paisaxe. O dito condicionado foi trasladado á empresa promotora quen respondeu citando o obxecto do proxecto e as súas características, e indicando que solicitou a declaración de utilidade pública.

Ademais, fixo referencia aos condicionantes tidos en conta para a elección do trazado, tales como: evitar o paso pola zona arborada existente nas marxes do río; intentar evitar os núcleos poboados; que os predios afectados teñan a natureza rústica; adaptarse aos lindeiros destes predios; situar os apoios proxectados nas lindes dos predios; que a lonxitude da liña sexa a menor posible e, por último, garantir as condicións para o mantemento e a explotación das instalacións proxectadas.

No informe do concello cítase que esta obra suporá un considerable impacto ambiental no contorno, sen especificar nin concretar cal ou cales son, entendendo a emrpesa promotora que non causa ningún tipo de impacto que mereza consideración nin que sexa merecedora de tomar medidas correctoras, de acordo coa lexislación ambiental que excluíu este tipo de instalacións de calquera trámite de avaliación ou estudo de efectos ambientais.

Unión Fenosa Distribución, S.A. entende que non é de aplicación o artigo 104 da Lei 9/2002, á que fai referencia o informe técnico municipal, e que así recoñeceu o concello de Neda ao non outorgar na súa normativa urbanística ningún tipo de protección ambiental, paisaxística ou do patrimonio cultural a estes terreos.

Tamén expón que a instalación da liña eléctrica aérea imporá nos predios afectados unha servidume de paso que, segundo o artigo 58 da Lei 54/1997 non impide ao dono do predio servinte cercalo ou edificar sobre el deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente. Ademais, nos ditos predios poderán seguir realizándose actividades pecuarias ou de cultivo, coa única restrición relativa á plantación de árbores a menor distancia da establecida nos regulamentos existentes; así o seu propietario poderá seguir destinándoas á mesma fin que teñen na actualidade estas parcelas.

Indica que non existen limitacións, nin prohibicións que impidan o establecemento da servidume de paso recollidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico e 161 do Real decreto 1955/2000 e que o proxecto foi elaborado conforme o Decreto 3151/1968, Regulamento técnico de liñas aéreas de alta tensión, e en especial, co seu artigo 4 que di que as liñas eléctricas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación axustándose, en todo caso, ás prescricións que neste regulamento se establecen.

Entende que este proxecto que nos ocupa cumpre toda a normativa ou lexislación que lle pode ser aplicable.

Desta contestación do promotor deuse traslado ao concello co fin de que prestase a súa conformidade ou formulase os reparos oportunos, respondendo con copia da licenza urbanística concedida, a cal se traslada ao promotor quen acepta o condicionado.

– Telefónica, quen emitiu un condicionado, o cal foi aceptado pola empresa promotora sen ningún reparo.

Terceiro. Durante o período de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

1) Damián Durán Prieto e 18 máis que alegan que son afectados polo proxecto de tendido eléctrico aéreo que executará a empresa Unión Fenosa no lugar de Vila de Anca. Indican que a empresa pretende instalar un tendido eléctrico e un transformador aéreo, que cruza parcelas rústicas como urbanas, co prexuízo para os propietarios, que se opoñen ao proxecto, tanto polo impacto ambiental como os prexuízos económicos. Sinalan ademais que na parroquia outra empresa eléctrica instalou varios tendidos eléctricos, todos eles soterrados, utilizando os camiños públicos ou os seus lindes, polo que non afectou os predios do lugar nin produciu impacto ambiental ningún. Polo tanto, rexeitan o proxecto e solicitan unha variación do seu trazado para que pase polo lugar en soterrado, utilizando camiños públicos, e que o transformador estea adaptado ás novas tecnoloxías, sen producir prexuízos aos veciños ou propietarios.

2) Josefa Puentes Anca, en relación cos predios nº 3 e 7, solicita que se soterre a liña polo foxo da vía pública no lugar de Cheda e indica que non comprende a notificación pois non se lle indica o número de predio respecto ao catastro nin a situación exacta da dita liña, para saber se o que pon a afección se corresponde coa realidade.

3) Fernando López Aneiros, en relación co predio nº 11, José Prieto Bolaños, en relación co predio nº 20 (en representación da comunidade de herdeiros de Ángel Prieto Seoane), Jesús Fojo Durán, en relación co predio nº 9, Luciano Meizoso Peña, en relación co predio nº 10 (en representación da comunidade de herdeiros de Luciano Meizoso Teijeiro), Elisa Lamas Durán, en relación cos predios nº 13, 15 e 18, María Calvo Galdo, en relación co predio nº 2, José Prieto Bolaños, en relación co predio nº 17, Damián Durán Prieto, en relación co predio nº 1, 14 e 23, alegan todos eles que se lle fagan as notificacións na dirección da primeira comunicación. Amosan a súa disconformidade coa declaración de utilidade pública, tal e como está proxectada, por considerar esta prexudicial para os intereses xerais e particulares dos veciños afectados, remitíndose a unha alegación conxunta feita con outros afectados o 9 de maio de 2007. Indican que non aparece ocupación temporal ningunha fóra da servidume de paso. Solicitan que se leve a cabo un replanteo e colocación de estacas na parcela antes das actas previas á ocupación e que se lles remita un plano no que se concrete todo o expropiado ou afectado pola servidume cunha relación individualizada, toda vez que o publicado non se corresponde con todos os bens presentes e que se lles envíe unha copia do plano catastral coa especificación da liña sobre o seu predio. Alegan que a relación de bens non é completa, faltan peches, plantas etc. e en canto á calificación do solo e ao seu uso, remítense ao momento do levantamento de actas previas ou aquel no que se concrete a afección para os efectos da correspondente indemnización.

Damián Durán Prieto, como propietario dos predios nº 1, 14 e 23, solicita que se engada como afectada á súa esposa Elvira Aneiros Filgueira. Ademais, en relación co predio nº 1 indica quen non se corresponde co plano catastral actual e que o trazado proxectado supón a práctica inutilización da parcela, posto que se formula a instalación dun centro de transformación e a liña aérea atravesa todo o largo do seu predio, o que na práctica supón a limitación que implica a servidume do cultivo actual, e as posibilidades edificatorias do predio, tratándose de solo urbanizable, de núcleo rural. Esta limitación ou imposibilitación haberá de ser tida en conta e debidamente indemnizada. Sinala que o impedimento de urbanizala se salvaría con mover ao sur seis metros a liña e a situación do poste número 1, pois así a parcela restante tería superficie suficiente para construír.

4) Damián Durán Prieto, María Calvo Galdo, Jesús Fojo Durán, Luciano Meizoso Peña, Fernando López Aneiros, Elisa Lamas Durán e José Prieto Bolaños alegan a súa disconformidade coa declaración de utilidade pública, tal e como está proxectada, por considerar esta prexudicial para os intereses xerais e particulares dos veciños afectados, e entender que existen alternativas viables, tal e como se tratou de comunicar en reiteradas ocasións con anterioridade a esta publicación, desde o inicio das medicións e contactos da empresa beneficiaria cos veciños do lugar, sen obter contestación ao respecto.

Indican que se pretende atravesar unha liña eléctrica aérea por un lugar (con predios tanto rústicos como urbanizables) no que xa existen varias liñas cruzadas, tanto eléctricas como telefónicas, polo que a instalación dunha máis, e co trazado que se proxecta, supón cando menos un considerable impacto visual e estético, con empeoramento da paisaxe do lugar, xa de por si suficientemente deteriorada e que os veciños non teñen a obrigación de soportar, sobre todo, habendo alternativas. Lembran que a lexislación ambiental e urbanística ampara a protección paisaxística das paraxes.

Con base o disposto no Real decreto 1955/2000, solicitan a modificación do trazado co fin de que transcorra pola vía pública máis factible, que non supón apenas aumento de distancia, como podería ser desde o enganche coa liña eléctrica de alta tensión que xa discorre polo lugar no cruzamento da estrada da Capela (no lugar de Cheda) ata o cruzamento co camiño de Vilar, no que está previsto outro transformador.

Piden que a liña sexa soterrada e non aérea, co fin de evitar o impacto paisaxístico e ambiental indicado, salientando que, en datas recentes, se instalaron outras liñas eléctricas no mesmo lugar, realizándose ambas polas vías públicas e soterradas, evitando desta forma calquera prexuízo aos particulares.

Indican que solicitaron en diversas ocasións información sobre este proxecto da liña, negando a Administración a existencia de proxecto ningún.

Comentan que nas notificacións recibidas non aparece ocupación temporal nin a indicación do polígono e parcela do catastro afectadas, solicitando que se especifique. Respecto á clasificación do solo e cultivo remítese ao momento do levantamento de actas previas ou a aquel no que se determine de forma definitiva os bens afectados de cara ás correspondentes indemnizacións. Solicitan a concreción e individualización de todos os bens afectados dentro de cada predio (peches, plantas etc.).

5) Elvira Aneiros Filgueira, en relación cos predios nº 1, 14 e 23, alega que quere que se lle fagan as notificacións na dirección da primeira notificación; amosa a súa disconformidade coa declaración de utilidade pública, tal e como está proxectada, por considerar esta prexudicial para os intereses xerais e particulares dos veciños afectados, remitíndose a unha alegación conxunta feita por varios propietarios o 9 de maio de 2007, da que tamén é asinante o seu esposo Damián Durán Prieto, propietario do predio de referencia, facendo súas igualmente as alegacións feitas por este o 15 de maio de 2007. En canto á clasificación do solo e ao seu uso, remítese ao momento do levantamento das actas previas ou a aquel no que se concrete a afección para os efectos da correspondente indemnización.

En concreto, respecto ao seu predio número 1, expón tamén que o trazado proxectado supón a práctica inutilización da parcela de referencia, posto que se formula a instalación dun centro de transformación, e que a liña aérea atravesa todo o ancho do predio, o que na práctica supón a limitación que implica a servidume do cultivo actual, de árbores froiteiras, e que constitúe o obxecto da explotación da súa titularidade.

Cuarto. As alegacións foron remitidas á empresa promotora, que contestou nos seguintes termos:

1) En relación coa alegación de Damián Durán Prieto e 18 máis, a empresa promotora respondeu que o expediente está na actualidade en tramitación.

2) En relación coa alegación de Josefa Puentes Anca (predios nº 3 e 7), a empresa promotora respondeu que o trazado soterrado desta liña eléctrica non é unha variación de trazado, para o que debe elaborarse un novo proxecto e que non se acredita que o custo non supere nun 10 % do orzamento da liña, non sendo admisible, polo tanto, esta variante segundo o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Que a numeración dos predios é propia deste proxecto, por canto debe cumprir co establecido no punto 3.c) do artigo 143 do Real decreto 1955/2000, e que a situación exacta se atopa reflectida no plano de planta e perfil, non obstante identifica a parcela catastral 1197 do polígono 27 co predio nº 3 e a parcela 1428 do mesmo polígono co predio nº 7.

Que o proxecto se realizou conforme o Decreto 3151/1968, Regulamento técnico de liñas eléctricas de alta tensión, en especial, co seu artigo 4 que di que as eléctricas aéreas se estudarán seguindo o trazado que considere máis axeitado o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nese regulamento se establecen, polo que o proxecto cumpre tanto co decreto aludido coma coa normativa que lle é de aplicación.

3) Respecto ás alegacións de Fernando López Aneiros (predio nº 11), José Prieto Bolaños (predio nº 20), Jesús Fojo Durán (predio nº 9), Luciano Meizoso Peña (predio nº 10), Elisa Lamas Durán (predios 13, 15 e 18), María Calvo Galdo (predio nº 2), José Prieto Bolaños, (predio nº 17), e Damián Durán Prieto (predios nº 1, 14 e 23) a empresa promotora respondeu que solicita a declaración de utilidade pública en cumprimento do artigo 140 do Real decreto 1955/2000. Polo que respecta á ocupación temporal dos terreos, indica o artigo 158 do citado real decreto, no cal se sinala que a servidume de paso comprende a ocupación temporal, polo que non se ocupará máis superficie que a proposta na relación de bens e dereitos afectados. Indica que no plano de planta e perfil do proxecto se atopa a franxa de terreo afectada pola servidume de paso de enerxía eléctrica, franxa que ten unha largura de 5 m a cada lado do eixe da liña, salvo nas zonas arboradas que é de 8 m. En canto aos bens que se puidesen ver afectados, como peches, plantas ou edificacións, indica que conforme o artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa, serán descritos, se é o caso, polo perito designado pola Administración o día do levantamento da acta previa á ocupación. Comenta que a numeración dos predios é propia deste proxecto, por canto debe cumprir co establecido no punto 3.c) do artigo 143 do Real decreto 1955/2000 e que a situación exacta se atopa reflectida no plano de planta e perfil, non obstante, sinala que as parcelas nº 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 20, 21, 22 e 23 corresponde respectivamente coas parcelas catastrais 1055, 1196, 1197, 1151, 1155, 1428, 1199, 1156, 1157, 1200, 1209, 1211, 1213, 1214, 1216, 1217, 1218, 1380, 1381 e 1382 do polígono 27 do concello de Neda, e que o proxecto reúne toda a documentación que lle é exixida pola lexislación aplicable.

En referencia á alegación de Damián Durán Prieto (predios nº 1, 14 e 23), indica que se engade como titular das parcelas a Elvira Aneiros Filgueiras.

4) Polo que atinxe á alegación de Damián Durán Prieto, María Calvo Galdo, Jesús Fojo Durán, Luciano Meizoso Peña, Fernando López Aneiros, Elisa Lamas Durán e José Prieto Bolaños, a empresa promotora respondeu o exposto no punto 3, e a maiores que aínda que as instalacións eléctricas recollidas neste proxecto non precisan someterse a ningún trámite ambiental, se intentou ocasionar o menor prexuízo posible, proxectando os apoios nos lindeiros das parcelas, e adaptando o trazado da liña eléctrica seguindo os lindeiros das parcelas, o cal foi posible no tramo entre os apoios nº 1 e 2. Indica que a modificación do trazado proposta suporía afectar outros propietarios, toda vez que se debería gardar unha distancia entre a vía de comunicación e a liña eléctrica. En canto ao manifestado sobre o trazado soterrado desta liña, indica que xa non se podería considerar unha variación do trazado e para o que forzosamente debería elaborarse outro proxecto, quedando sen acreditar que o seu custo non supere nun 10 % o orzamento da liña, non sendo así admisible polo tanto esta variante segundo o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

5) Respecto á alegación de Elvira Aneiros Filgueira (predios nº 23, 14 e 1), a empresa promotora respondeu reiterándose no exposto na resposta ao escrito de alegacións ao que fai referencia a alegante no punto segundo da súa alegación. Respecto á situación das parcelas no que atinxe á súa dedicación, así como os bens que se vexan afectados, serán comprobados polo perito da Administración o día no que se proceda ao levantamento das actas previas á ocupación.

En relación ao seu predio número 1 non se proxecta a instalación de ningún centro de transformación, localizándose este no linde entre as parcelas nº 22 e 23 e o establecemento desta servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica non supón inutilizar o predio, xa que, segundo o artigo 58 da Lei 54/1997 non impide ao dono do predio servinte cercalo ou edificar nel deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente. De igual modo, nos ditos predios poderán seguir realizándose actividades pecuarias ou de cultivo, coa única restrición relativa á plantación de árbores a menor distancia da establecida nos regulamentos existentes.

Quinto. Con data do 2 de xullo de 2009 a empresa presentou o anexo LMTA, CTI, RBTA Lobeira. Por Resolución do 8 de outubro de 2010, esta xefatura territorial someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, e declaración de utilidade pública, en concreto, de acordo co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A resolución foi publicada no DOG do 18 de novembro de 2010, no BOP do 2 de novembro de 2010, e no Diario de Ferrol do 27 de outubro de 2010, así mesmo consta o certificado con data do 25 de novembro de 2010 de exposición ao público no taboleiro de anuncios do concello de Neda. Do mesmo xeito, notificouselles aos propietarios dos bens e dereitos afectados.

De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado da separata do Anexo ao concello de Neda quen informou favorablemente o condicionado de acordo coas ordenanzas de aplicación, condicións xerais e particulares, así como condicións especiais respecto das vías. A empresa promotora aceptou sen ningún reparo.

Sexto. Durante o período de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

1) José Prieto Bolaños en representación da comunidade de herdeiros de Ángel Prieto Seoane (predios nº 17 e 20), Elisa Lamas Durán no seu nome e no dos seus fillos copropietarios (predios nº 13, 15 e 18), Fernando López Aneiros (predio nº 11), Luciano Meizoso Peña en representación da comunidade de herdeiros de Luciano Meizoso Teijeiro (predio nº 10), Pilar Andrea Orosa Campo (predio nº 4), os cales alegan que se dean por reproducidas as alegacións feitas tanto de forma individual como colectiva, presentadas o 10 de maio de 2007, indican que non aparece ocupación ningunha fóra da servidume de paso, solicitan que se leve a cabo un replantexamento e colocación de estacas na parcela antes das actas previas á ocupación e piden unha copia do plano catastral ou do Sixpac no que se concrete todo o expropiado, así coma unha relación individualizada de todo o afectado. Expoñen que a afección notificada non é completa, faltan peches, plantas etc. e en canto á clasificación do solo e ao seu uso, remítese ao momento do levantamento de actas previas ou aquel no que se concrete a afección para os efectos da correspondente indemnización.

2) Damián Durán Prieto e Elvira Aneiros Filgueira (predios nº 1, 14 e 23), alegan que se dean por reproducidas as alegacións feitas tanto de forma individual como colectiva, presentadas ambas o 18 de maio de 2007.

Sétimo. As alegacións foron remitidas á empresa promotora, que contestou nos seguintes termos:

1) En relación coas alegacións de José Prieto Bolaños, Elisa Lamas Durán, Fernando López Aneiros, Luciano Meizoso Peña, Pilar Andrea Orosa Campo, a empresa promotora respondeu que, ao reproducirse as alegacións efectuadas en relación co proxecto inicial, se reiteran nos seus escritos de contestación de xuño de 2007; expón que solicita a declaración de utilidade pública en cumprimento do artigo 140 do Real decreto 1955/2000; polo que respecta á ocupación temporal dos terreos fai referencia ao artigo 158 do citado real decreto, no cal se sinala que a servidume de paso comprende a ocupación temporal, polo cal non se ocupará máis superficie que a proposta na relación de bens e dereitos afectados; que no plano de planta e perfil do anexo ao proxecto se atopa a franxa de terreo afectada pola servidume de paso de enerxía eléctrica, franxa que ten unha largura de 5 m a cada lado do eixe da liña, salvo nas zonas arboradas que é de 8 m. En canto aos bens que se puidesen ver afectados, como peches, plantas ou edificacións, indicar que conforme o artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa, serán descritos, se é o caso, polo perito designado pola Administración o día do levantamento da acta previa á ocupación. Aclara que a numeración dos predios é propia deste proxecto, por canto debe cumprir co establecido no punto 3.c) do artigo 143 do Real decreto 1955/2000; que a situación exacta se atopa reflectida no plano de planta e perfil, non obstante sinala que as parcelas nº 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17, 18, 20, 21, 22 e 23 corresponde respectivamente coas parcelas catastrais 1054, 1196, 1197, 1151, 1155, 1428, 1199, 1156, 1157, 1200, 1209, 1211, 1213, 1214, 1216, 1217, 1218, 1380, 1381 e 1382 do polígono 27 do concello de Neda, e que o proxecto reúne toda a documentación que lle é exixida pola lexislación aplicable.

2) En relación á alegación de Damián Durán Prieto e Elvira Aneiros Filgueiras (predios nº 1, 14 e 23), a empresa promotora respondeu o mesmo que o recollido no punto anterior e engade como titular das parcelas de referencia a Elvira Aneiros Filgueira, e que a numeración dos predios é propia deste proxecto, por canto debe cumprir co establecido no punto 3.c) do artigo 143 do Real decreto 1955/2000; que a situación exacta se atopa reflectida no plano de planta e perfil, non obstante, sinala que a parcela nº 1, 14 e 23 corresponde coas parcelas catastrais 1054, 1213 e 1382 do polígono 27 do concello de Neda, respectivamente.

Oitavo. Con data do 31.5.2013 a empresa promotora achegou un documento asinado polo enxeñeiro redactor do proxecto con data do 23 de maio de 2013 no cal certifica que o proxecto visado con data do 8.2.2007 e nº 365/2007 e o anexo ao citado proxecto visado con data do 17.6.2009 e nº CO091811 cumpren co deseño nel recollido con todas as prescricións establecidas no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE nº 246, do 24 de xullo); a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro); o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 34, do 16 de febreiro).

Segundo. No presente expediente cumpríronse os trámites sinalados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Terceiro. A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións obxecto deste expediente, cumpren coa normativa vixente, isto é: a Lei 54/1997, do 27 de novembro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación (BOE núm. 288, do 1 de decembro); o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE núm. 68, do 19 de marzo); e o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

Cuarto. Á vista das alegacións formuladas e das contestacións achegadas pola empresa solicitante, cómpre facer unhas previas consideracións de carácter xeral en relación coa descrición dos bens afectados, coas peticións de modificación de trazado e coa valoración económica deses bens:

1) As manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, así como a medición e descrición exacta das superficies e bens afectados, faranse constar no levantamento da acta previa á ocupación, momento para o que os interesados afectados serán oportunamente convocados mediante notificación. Este acto desenvolverase de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954.

2) De conformidade co disposto no punto 1.5 da Instrución Técnica Complementaria ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen. É dicir, o trazado da liña será o elixido polo autor do proxecto, sempre que cumpra os requisitos xerais e de seguridade que establece o propio Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e non infrinxa as limitacións e prohibicións que para a constitución de servidumes de paso de liñas aéreas establecen o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro.

3) Polo que respecta á valoración dos terreos e bens afectados, para o caso de que as partes non acaden un acordo previo, a determinación do prezo xusto corresponde ao Xurado de Expropiación de Galicia, de conformidade coas normas establecidas no capítulo III da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e no tamén capítulo III do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Polo que se refire, en concreto, ás alegacións formuladas polos interesados afectados, unha vez realizada visita de campo e examinado o trazado do proxecto por parte de persoal técnico desta xefatura territorial, ademais do sinalado nos tres puntos anteriores deste cuarto fundamento de dereito, cómpre manifestar o seguinte:

1) Con respecto ás solicitudes de variación de trazado da liña aérea e soterramento da liña aérea, hai que dicir que conforme establece o artigo 4 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento técnico de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, o cal era o regulamento en vigor cando se presentou o proxecto ante a Administración, as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que neste regulamento se establecen. Non obstante, unha vez transcorrido o prazo recollido na disposición transitoria segunda do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e tendo en conta o documento asinado polo enxeñeiro redactor do proxecto con data do 23 de maio de 2013 no cal certifica que o proxecto visado con data do 8.2.2007 e nº 365/2007 e anexo ao citado proxecto visado con data do 17.6.2009 e nº CO091811 cumpren co deseño nel recollido con todas as prescricións establecidas no citado Real decreto 223/2008, citar que o punto 1.5 da ITC-LAT 07 do citado Real decreto 223/2008, establece que as liñas eléctricas aéreas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen. Así mesmo, non consta acreditado que no dito tramo existan limitacións á constitución de servidume de paso recollidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico e 161 do Real decreto 1955/2000.

2) Con respecto á falta de notificación da ocupación temporal, citar que o artigo 158 do Real decreto 1955/2000 (servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica) establece que a servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica comprenderá a ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso, necesarios para os fins indicados no parágrafo c) deste artículo.

3) Con respecto á disconformidade coa declaración de utilidade pública citar que polo artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso. Así mesmo, conforme o artigo 54 da citada lei, a declaración de utilidade pública levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4) Con respecto a posibles erros na titularidade, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón deles, non obstante, será durante o levantamento de actas, acto ao cal serán oportunamente convocados, conforme establece o artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, o momento en que pode demostrar a titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa precisa, e momento en que se farán constar as manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados e da súa natureza.

5) Con respecto á medición e descrición exacta das superficies e bens afectados, así como o replanteo e colocación de estacas das parcelas, cabe dicir que será durante o levantamento de acta previa á ocupación, acto o cal deben ser convocados os interesados conforme establece o artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, onde se describirán o ben ou dereito expropiable e se farán constar todas as manifestacións e datos que acheguen uns e outros e que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, os seus titulares, o valor daqueles e os prexuízos determinantes da rápida ocupación. O punto 1 do artigo 4 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, establece que a declaración de utilidade pública levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

6) Con respecto ás limitacións que implica a servidume do cultivo actual, citar que veñen recollidas no título IX (expropiación e servidumes) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, en especial, no punto 1 do artigo 58 o cal establece que a servidume de paso de enerxía eléctrica non impide ao dono do predio servinte cercalo ou edificar sobre el deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente, que tomará en especial consideración a normativa vixente en materia de seguridade; así como no capítulo V (expropiación e servidumes) do título VII do Real decreto 1955/2000, en especial, o punto 1 do artigo 162, o cal establece que a servidume de paso de enerxía eléctrica non impide ao dono do predio servinte cercalo ou edificar sobre el, deixando a salvo a devandita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente, que tomará en especial consideración a normativa vixente en materia de seguridade. Poderá, así mesmo, o dono solicitar o cambio de trazado da liña, se non existen dificultades técnicas, correndo pola súa conta os gastos da variación, incluíndose nos devanditos gastos os prexuízos ocasionados.

7) En canto a referencias á lexislación ambiental e urbanística que amparan a protección paisaxística dos lugares, non corresponde ás competencias desta consellería, aceptando a empresa promotora o condicionado posto polo concello afectado; non obstante citar que o artigo 40.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o artigo 120.2 do Real decreto 1955/2000, establecen que as autorizacións serán outorgadas, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

De acordo co anterior, e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e o seu anexo, e declarar de utilidade pública, en concreto, as ditas instalacións, nas que as características se axustan en todas as partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 16 de agosto de 2013

Por ausencia (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial