Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización do contrato de xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado Punto de Encontro Familiar de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 48/2013.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18831

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado puntos de encontro familiar de Pontevedra e Vigo.

c) Número de lotes: 2. Lote 1: Punto de Encontro Familiar de Pontevedra. Lote 2: Punto de Encontro Familiar de Vigo.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 84, do 2 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: cento oitenta e un mil cincocentos euros (181.500 €) para o lote 1 (150.000 € máis 31.500 € en concepto de IVE), e douscentos cincuenta mil catrocentos setenta euros (250.470 €) para o lote 2 (207.000 € máis 43.470 € en concepto de IVE).

Orzamento total sen IVE: trescentos cincuenta e sete mil euros (357.000 €); total con IVE: catrocentos trinta e un mil novecentos setenta euros (431.970 €)

5. Adxudicación e formalización do contrato:

– Lote 1, PEF Pontevedra.

a) Data de adxudicación: 24 de xullo de 2013.

b) Contratista: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento trinta e dous mil oitocentos sesenta e tres con vinte euros (132.863,20 €) ao cal se lle engaden vinte e sete mil novecentos un con vinte e sete euros (27.901,27 €) en concepto de IVE, resultando un total de cento sesenta mil setecentos sesenta e catro con corenta e sete euros (160.764,47 €).

e) Data de formalización: 1 de agosto de 2013.

– Lote 2, PEF Vigo: deserto.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar