Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de información pública relativo á licenza solicitada para nave industrial para carpintaría de madeira.

Carpintería Carmial, S.L. solicitou neste concello unha licenza para proxecto básico e de execución de nave industrial para carpintaría de madeira na parcela 11 do polígono do Allo, lugar do Allo. O concello tramita o oportuno expediente comprobando que a dita licenza está sometida a unha avaliación de incidencia ambiental.

Para cumprir coa lexislación vixente sobre actividades suxeitas a un procedemento de avalaciación de incidencia ambiental ábrese un período de información pública durante vinte días, mediante a publicación duns anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que aquelas persoas que se consideren afectadas dalgunha maneira pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas dependencias municipais en horario de oficina.

Zas, 13 de agosto de 2013

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde