Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para apertura de área de ocio infantil.

Lorena Gondar Mascato solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dunha área de ocio infantil (expediente 188/13), que se situará no Porto de Meloxo, nº 8. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 9 de agosto de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde