Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do arrendamento dunha parcela de titularidade municipal en Atios.

En sesión plenaria do 26 de agosto de 2013 foi aprobado o prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexerán a licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do dereito de arrendamento da parcela de 9.715,94 m2 de titularidade municipal en Atios (O Porriño).

1. Entidade adjudicadora: Concello do Porriño/Patrimonio-Secretaría.

2. Obxecto do contrato: arrendamento da parcela de 9.715,94 m2 de titularidade municipal en Atios (O Porriño).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base e prazo de licitación: 35.794,47 euros/anuais (IVE non incluído), mellorable á alza, durante quince (15) anos (con posibilidade de prórroga ata un máximo de cinco (5) anos).

5. Garantías: segundo se establece nos pregos.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

8. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 27 de agosto de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde