Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 11 de setembro de 2013 Páx. 35886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de agosto de 2013 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Amanda Angélica Teijeiro Serrano (concello de Betanzos), clave DH.D15.42669.

O 22 de xullo de 2013 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Amanda Angélica Teijeiro Serrano (t.m. Betanzos).

Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, e presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia