Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de agosto de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-071/13 e P-073/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 20 de agosto de 2013

P.A. (Resolución do 24.7.2009)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-071/13.

Expediente construción: PO-2001NR/01, conta 2.

Nome: Pedro dos Santos Fernandes.

Enderezo: Poboado Mineiro de Fontao, vivenda 2, bloque 1, baixo C-I, Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte co artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 e xullo; requirímolo para o pagamento dos 62 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao alugamento da súa vivenda por un importe total de 6.437,24 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 22.7.2013, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.8.2008 e o 1.7.2013, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que considere conveniente.

Advertímoslle que en caso de non atender este requirimento procederase á resolución do seu contrato.

Expediente falta de pago: P-073/13.

Expediente construción: PO-2001NR/01, conta 48.

Nome: Ana Belén Collantes Vieiro.

Enderezo: Poboado Mineiro de Fontao, vivenda 48, bloque 5, ALT L-D, Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte co artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 e xullo; requirímola para o pagamento dos 42 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao alugamento da súa vivenda por un importe total de 2.120,87 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 24.7.2013, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.12.2009 e o 1.7.2013, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato que vostede subscribiu, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselle un prazo de 10 días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e achegue a documentación que considere conveniente.

Advertímoslle que en caso de non atender este requirimento procederase á resolución do seu contrato.