Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 28 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas en recursos administrativos (expediente RA/VI/2012/00144 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº recurso

Nº expediente

Recorrente

Resolución
do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RA/VI/2012/00144

C09-VU-0003/12

José María Pombo Amado

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña

RA/VI/2012/00168

36-Q-0404/04

Víctor Hugo Docamiño Vidal

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RA/CAL/2012/00056

OU-RES-21/2009

Juan Miguel Fernández Rodríguez (Rpdo.: Pizarras de León, S.A.)

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela

RA/VI/2012/00287

15-Q-1416/04

José Vilacoba Romero

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña

V-2009/0332

C-RH-0624/06

Rafael Morgade Abeal

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña