Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, por compra pública de tecnoloxía innovadoraI, do servizo de desenvolvemento e fase de demostración dun sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada dentro do subproxecto H2050-1: sistemas de xestión intelixente en servizos de urxencias, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Feder (AB-SER1-13-063).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 14.10.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-063.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento e fase de demostración dun sistema de xestión intelixente dos servizos de urxencias hospitalarias e puntos de atención continuada dentro do subproxecto H2050-1: sistemas de xestión intelixente en servizos de urxencias.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Proposta funcional

0-20

Proposta técnica

0-10

Plan de proxecto e plan de negocio

0-10

Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta

0-10

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución

0-15

Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución

0-12

Condicións de participación en beneficios de explotación

0-10

Achega pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas co obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou achega de produtos propios

0-8

Prezo

0-5

4. Valor estimado do contrato: 1.457.820,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.457.820,00 euros. Importe total: 1.763.962,20 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14.10.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 6.9.2013.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos-Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos