Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a realización do proxecto Ourense, provincia termal.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 26 de agosto de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización do proxecto Ourense, provincia termal.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 52.000,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de agosto de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 26 de agosto de 2013.

c) Adxudicataria: Mario Crecente y Asociados Consultores, S.L.P.U.

d) Importe de adxudicación: 51.000,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia