Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para hipermercado e aparcadoiro.

Neste concello tramítase expediente por instancia de José M. Froiz Prieto, en representación de Distribuciones Froiz, S.A., para licenza de actividade de hipermercado e aparcadoiro na rúa Estatuto de Galicia, nº 34 (patio cuarteirón rúas Estatuto de Galicia, Ramón Fernández Mato e Norberto Pijuán), parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 21 de agosto de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde