Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35923

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2013 que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº 1.

Título: addenda X ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables.

Obxecto: ampliar ata o 24 de outubro de 2013 o prazo para a instalación e pagamento dunha central de microxeración en instalacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

Sinatura: 24 de xuño de 2013.

Importe: 0,00 €.