Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRXPAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e, contra elas, os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense á disposición das persoas interesadas neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Nº de expediente |
Nome/razón social |
Programa de axudas |
Data da resolución |
Órgano que dita a resolución |
Notificación |
IG107.2008.1.27 |
Trabajos Especiales Carpintería Metálica, S.L. |
Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008; DOG núm. 55, do 18 de marzo) |
21.5.2013 |
Dirección Xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
IG133.2010.2.310 |
Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios |
Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010; DOG núm. 100, do 28 de maio) |
31.7.2013 |
Dirección Xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
I1/10.0072.0405.N.10072202 |
Asados, C.B. |
Axudas para o apoio financeiro aos investimentos das pemes de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010 (Resolución do 23 de novembro de 2010; DOG núm. 230, do 30 de novembro) |
20.6.2013 |
Dirección Xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
I1/09.3070.0031.N.446062268658 |
Cepeda Sáez, Alberto |
Convenio Igape-ICO-EEFF (Resolución do 7 de abril de 2009; DOG núm. 73, do 17 de abril) |
22.7.2013 |
Dirección Xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |
L1/05.0072.0114.N.1805 |
Julio Parada, S.A. |
Convenio leasing (Resolución do 27 de xaneiro de 2004; DOG núm. 20, do 30 de xaneiro) |
20.6.2013 |
Dirección Xeral do Igape |
Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos |