Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36006

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 141/2013, do 12 de setembro, polo que se dispón que cese, por petición propia, Miguel Rodríguez Bugarín como director xeral de Mobilidade.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de setembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Miguel Rodríguez Bugarín, como director xeral de Mobilidade, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, doce de setembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas