Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (723/2013/0001).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pedro Luaña Louzao contra Grafinova, S.A., rexistrado co número 723/2013/0001, se acordou citar a Grafinova, S.A., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 23 de setembro de 2013 ás 8.45 horas, co fin de realizar a comparecencia prevista no artigo 734 LAC, quen poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírteselle que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Grafinova, S.A., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

A secretaria xudicial