O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2013
| Convenio | Importe total | Data | 
| Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q. 7+700 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo) | 241.674,00 | 7.5.2013 | 
| Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Palas de Rei para o financiamento e a execución da mellora do acceso ao cemiterio e rúa Antas de Ulla | 164.054,66 | 30.5.2013 | 
| Convenio para o desenvolvemento dun programa de colaboración educativa entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña | 0,00 | 18.6.2013 | 
| Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ferrol para o acceso ao polígono de Bertón, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 | 1.275.000,00 | 19.6.2013 | 
| Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Culleredo para a execución de beirarrúas e a recollida de pluviais na estrada AC-215 Fonteculler (AC-211)-O Portádego (N-550) | 170.000,00 | 16.7.2013 | 

 
					
					
					