Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37293

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Academia A Mariña.

3. Datas.

Outubro 2013: 17, 18, 24, 25, 31.

Novembro 2013: 7, 8, 14.

4. Lugar de celebración.

INTEC, avenida da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns, 15220 Ames (A Coruña).

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 17.10.2013

10.00-11.30 h.

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

11.30-14.00 h.

Praguicidas. Clasificación.

16.00-19.30 h.

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

Día 18.10.2013

10.00-11.30 h.

Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

11.30-14.00 h.

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

16.00-19.30 h.

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

Día 24.10.2013

10.00-11.30 h.

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

11.30-14.00 h.

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

16.00-19.30 h.

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 25.10.2013

10.00-11.30 h.

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

11.30-14.00 h.

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

16.00-19.30 h.

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

Día 31.10.2013

10.00-11.30 h.

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

11.30-14.00 h.

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

16.00-19.30 h.

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

Día 7.11.2013

10.00-11.30 h.

Precaucións e normas de seguridade.

11.30-14.00 h.

Precaucións e normas de seguridade II.

16.00-19.30 h.

Equipos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 8.11.2013

10.00-11.30 h.

Equipos de protección persoal II. Saúde laboral II.

11.30-14.00 h.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

16.00-19.30 h.

Exercicios prácticos.

Día 14.11.2013

10.00-11.30 h.

Repaso xeral.

11.30-14.00 h.

Posta en común/debate sobre un tema do programa formativo.

16.00-19.30 h.

Resolución, dúbidas e exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.Nivel cualificado

Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

Datas:

Outubro 2013: 17, 18, 24, 25, 31.

Novembro 2013: 7, 8, 14.

Lugar de celebracion do curso:

INTEC, avenida da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns, 15220 Ames (A Coruña).

Duración:

60 horas teórico/prácticas.

Horario:

En horario de 10.00-14.00 horas e de 16.00-19.30 horas.

Nº de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entrechán, 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono 982 58 50 98, fax 982 57 51 01, correo eléctronico formacion@amarina.org, acompañada de fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso
de 420 €/alumno na conta Academia A Mariña de NovaGalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ __

Nome e apelidos........................................................................................................

Data de nacemento....................................................................................................

NIF/DNI......................................................................................................................

Enderezo....................................................................................................................

CP...........................................Localidade...................................................................

Tel. .........................................Correo electrónico.......................................................