Neste procedemento JVB 85/2012 seguido por instancia de Salón Casablanca, S.L. contra José Luis Caldelas Vilas ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:
«Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra.
Sentenza: 00149/2012.
Asunto: xuízo verbal 85/2012.
Sentenza:
Pontevedra, 25 de setembro de 2012.
Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.
Demandante: Salón Casablanca, S.L.
Procurador: Pedro A. López López.
Avogado: Jesús Ángel del Río Varela.
Demandado: José Luis Caldelas Vilas (rebelde procesual).
Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada).
Resolvo que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Salón Casablanca, S.L. contra José Luis Caldelas Vilas, condeno o demandado a lle aboar á parte demandante a suma de 3.640 euros na forma e cos xuros sinalados no fundamento xurídico 4º desta.
Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interporá directamente neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.
Notifíqueselles ás partes.
Así o acordo, mando e asino».
E estando o dito demandado, José Luis Caldelas Vilas, en rebeldía procesual, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Pontevedra, 19 de xullo de 2013
O secretario xudicial

