Sométese a información pública o expediente 2010/336, tramitado por instancia de Integraldata Security, S.A., para a concesión dunha licenza de actividade para unha planta de destrución documental e reciclaxe de materiais na avenida de Peinador, na parroquia de Tameiga deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren conveniente.
Mos, 19 de agosto de 2013
Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa

