Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37723

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2013 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Data de sinatura

Descrición

Importe total

7.5.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia para a elaboración do Plan estratéxico do sistema aeroportuario de Galicia

30.000,00

28.6.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Muíños para a realización das obras de restauración e mellora do núcleo rural do barrio de Barxés en Muíños

106.300,00

29.6.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de San Cibrao das Viñas para o financiamento da redacción do Plan especial do polígono industrial do Concello de San Cibrao das Viñas

260.150,00

1.7.2013

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ribadeo para a mitigación dos efectos antropoxénicos negativos sobre o espazo natural da ZEPA de Ribadeo

79.369,08

9.7.2013

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo

64.821,61

10.7.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Sober para a realización das obras de urbanización da travesía de Velán (1ª fase) no núcleo de Rosende en Sober

58.489,49

10.7.2013

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Friol para a realización das obras de colocación de baldosa hidráulica na avda. da Coruña, desde a avda. de Begonte ata Reigosa en Friol

14.943,50

11.7.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Moaña para a realización das obras de mellora do contorno do adro da capela de Samertolameu (fase II) en Meira (Moaña)

49.999,89

12.7.2013

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica do Concello de Santiago de Compostela

453.200,00

18.7.2013

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Santiago de Compostela e a empresa Autos Grabanxa, S.L., como prestataria do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e dos deberes asociados a elas na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela

0,00

31.7.2013

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Turismo de Galicia para a ampliación de crédito na aplicación orzamentaria 09.20.432B.760.0 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para financiar a construción do Centro Cultural das Artes de Verín

2.804.198,96

9.8.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ribadeo para a realización das obras da zona de aparcamento na avda. de Rodríguez Murias en Ribadeo

10.456,06

27.8.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de San Amaro, para a adecuación de espazo público no Castro, San Amaro (Ourense).

94.882,46

22.7.2013

Segundo acordo de modificación do convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para o desenvolvemento do programa de posta en valor da rede de camiños naturais non motorizados de Galicia

1.800.000,00