Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2013/0108-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0108-4.

Acta: I362013000046255.

Empresa: Maderas Carballeira, S.L.

NIF: B-94008257.

Enderezo: r/ Ramón Bares, 3, 2º A, Bueu.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15.1 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.a), 39.3.c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 23.7.2013.

Resolución: multa de 5.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 3 de setembro de 2013

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa