Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (procedemento de execución de títulos xudiciais 205/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 205/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Vila Muñiz contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 26 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Sonia Vila Muñiz coa empresa Servanza, S.L. e condeno a dita empresa a lle aboar á demandante 2.839,73 euros en concepto de indemnización e 16.847,04 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non procederse ao cumprimento desta resolución, continuará esta execución como pecuniaria polo importe total de 19.686,77 euros máis 1.968,67 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para lle que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

A secretaria xudicial