Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37888

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13.

De conformidade co establecido no artigo 10 e na disposición derradeira primeira da Orde do 22 de xullo de 2013, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13 (DOG do 8 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/13 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• Manuel Avelino Insua Hermo, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

• María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

• María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

• María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de Educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.