Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO (expediente 544/1066/2013).

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar expediente 544/1066/2013 de concesión de licenza de apertura para:

Actividade: aparcadoiro público.

Situación: entorno do Centro Oncolóxico e do Hospital Materno Infantil.

Solicitante: Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 6 de setembro de 2013

P.D. (Decreto 16.6.2011)
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo