Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 37972

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2013.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración institucional entre a Consellería de Facenda e a Fundación para a Formación e Investigación en Auditoría do Sector Público.

8.000 €

24.5.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

3.6.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

10.6.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

17.6.2013

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.297.550 €

12.7.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

24.7.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o presidente da mancomunidade de concellos Santa Águeda para a xestión recadadora executiva que lle encomende a mancomunidade dos tributos e calquera outro recurso de dereito público de que sexa titular a mancomunidade.

Sen achega económica

12.7.2013