Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38053

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013 pola que se convoca o Curso monográfico sobre publicidade institucional.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase o Curso monográfico sobre publicidade institucional conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O presente curso monográfico ten como finalidade formar os empregados públicos sobre a publicidade institucional, concretamente, a publicidade que realizan os diferentes entes (autonómicos e locais) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A comunicación e a publicidade na Administración.

– A publicidade institucional e figuras afíns.

– Os principios reitores da publicidade institucional.

– A publicidade institucional na xurisprudencia.

– A publicidade institucional e os suxeitos publicitarios.

– As disposicións xerais da Lei de publicidade institucional.

– O control da publicidade institucional.

– As leis autonómicas sobre publicidade institucional.

– A contratación administrativa da publicidade institucional.

– O contrato de creación publicitaria.

– O contrato de difusión publicitaria.

3. Destinatarios.

Empregados públicos ao servizo das administracións públicas galegas, directivos e axentes de publicidade, directivos de medios de comunicación, representantes de axencias e medios, profesores universitarios, profesionais, estudantes de publicidade, universitarios e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Datas: 14, 15, 21 e 22 de outubro de 2013.

Horario: das 16.15 ás 20.00 horas.

Duración: 15 horas lectivas.

5. Número de prazas.

O limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas á directora da Escola Galega de Administración Pública (As Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión chamando por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41-881 99 70 14.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o venres 11 de outubro de 2013.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

9. Certificado de aproveitamento.

Ao final do curso, entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización deste curso.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

missing image file