Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38190

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013 pola que se fai público o resultado do proceso de selección dunha nova entidade colaboradora na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento administrativo MR704A).

Por Resolución do 29 de abril de 2013 regúlase a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva, apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e convócanse para o ano 2013 (DOG nº 90, do 10 de maio).

No artigo 7 do anexo II da citada resolución establécese a posibilidade de admitir solicitudes de obtención da condición de entidade colaboradora en calquera momento dentro do período de vixencia das bases reguladoras (2013-2014), o que dará lugar a novas resolucións.

Con data do 9 de setembro de 2013 resolveuse estimar unha nova solicitude de obtención da condición de entidade colaboradora e o 10 de setembro asinouse o convenio de colaboración entre Agader e a entidade Intermax Technology, S.L. de acordo co previsto no artigo 12 das bases reguladoras.

Segundo dispón o apartado terceiro da Resolución do 29 de abril polo que se convocan as subvencións para o ano 2013, o prazo para presentar solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras seleccionadas. A presentación de solicitudes realizarase necesariamente a través de calquera das entidades colaboradoras seleccionadas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader
http://agader.xunta.es o resultado do proceso de selección dunha nova entidade colaboradora na xestión das subvencións para garantir o acceso da internet de banda larga vía satélite.

Os datos da entidade seleccionada xúntase a esta resolución como anexo I.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Entidade colaboradora

Enderezo

Correo electrónico

Teléfono gratuíto

web

Intermax Technology, S.L.

Alexandre Bóveda nº 5

18500 Melide, A Coruña

sat@intermax.com

900 86 69 72

www.redintermax.com