Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38569

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 16 de setembro de 2013 pola que se acorda a cesión en propiedade de determinados bens mobles patrimoniais adscritos á Consellería do Medio Rural e do Mar a diversas confrarías de pescadores de Galicia.

O Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria, dispón que esta é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde desenvolver as competencias e funcións en materia de ordenación pesqueira en augas interiores, marisqueo, acuicultura, confrarías de pescadores e demais organizacións e asociacións de profesionais do sector, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española.

A Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 82, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, quedando obrigado o cesionario a destinar os bens ao fin expresado no correspondente acordo.

Por outra parte, a Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, define as confrarías de pescadores de Galicia como corporacións de dereito público, sen ánimo de lucro, dotadas con personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, que actúan como órganos de consulta e colaboración da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materias relativas á actividade extractiva e á ordenación do sector pesqueiro, e dispón que se rexerán pola súa lexislación específica.

Por outra banda, e tendo en conta a suxeición das confrarías de pescadores á tutela da Administración pública galega, exercida a través desta consellería, e vistas a súas peticións, compre cederlle en propiedade algúns bens mobles adscritos a este organismo para seren destinados por esas corporacións con fins de utilidade pública ou interese social.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 27, números 15 e 29, do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Acórdase as cesións en propiedade dos bens mobles patrimoniais que se relacionan no anexo á presente orde ás confrarías de pescadores que figuran no dito anexo.

Artigo 2

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) De conformidade co establecido pola Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 82, os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social, concretamente, á mellora das súas condicións técnicas aos confrades e ao sector.

b) Coa cesión outorgaráselles ás confrarías de pescadores enunciadas no anexo a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Serán por conta da entidades cesionarias todos os gastos de conservación e mantemento do bens mobles cedidos.

d) Tanto se os bens cedidos non se aplican aos fins sinalados como se se descoidan ou se utilizan con grave quebrantamento, ou se se incumpren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán a Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentasen.

Artigo 3

As cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral técnico desta consellería ou funcionario/a en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 4

Corresponde á consellería competente en materia de patrimonio verificar a aplicación dos bens mobles citados no artigo 1 aos fins para que son cedidos. Para isto poderá adoptar cantas medidas sexan necesarias.

Disposición derradeira primeira

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Cesións en propiedade de equipamentos pesqueiros a diversas confrarías de pescadores de Galicia acordadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar

1ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Bueu (Pontevedra).

Equipamento: un guindastre de columna tipo pluma de 360°, cunha capacidade de elevación de 12.500 kg, 6 metros de brazo e 7 metros de altura, situado no porto de Bueu, das seguintes características:

Fabricante/marca: GH.

Modelo: GHR.

N° serie: 57284.

– Movemento de elevación mediante polipasto movido por motor eléctrico de 10 kW a unha velocidade de 4 metros/minuto e motor eléctrico para movemento de precisión de 1,66 kW e velocidade de 0,6 metros/minuto.

O guindastre incorpora:

– Escaleiras e accesos para mantemento.

– Limitador de sobrecarga.

– Cruceta e eslingas.

Ano de adquisición: 1997.

N° expediente: 1997-12-1683.

2ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Cangas (Pontevedra).

Un guindastre de columna tipo pluma de 360°, cunha capacidade de elevación de 8.000 kg, 6 metros de brazo e 7 metros de altura, situado no porto de Cangas, das seguintes características:

Fabricante/marca: GH.

Modelo: GHD.

N° serie: 57615.

– Movemento de elevación mediante polipasto movido por motor eléctrico de 6,5 kW a unha velocidade de 4 metros/minuto e motor eléctrico para movemento de precisión de 1,1 kW e velocidade de 0,6 metros/minuto.

O guindastre incorpora:

– Escaleiras e accesos para mantemento.

– Limitador de sobrecarga.

– Cruceta e eslingas.

Ano de adquisición: 1997.

N° expediente: 1997-12-1683.

3ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Corme (A Coruña).

Un guindastre pluma de columna de 360°, cunha capacidade de elevación de 4.000 kg, 5 metros de brazo e 7 metros de altura, situado no porto de Corme, das seguintes características:

Fabricante/marca: GH.

Modelo: GHB.

N° serie: 58830.

– Movemento de elevación mediante polipasto movido por motor eléctrico de 3,2 kW a unha velocidade de 4 metros/minuto e motor eléctrico para movemento de precisión de 0,53 kW e velocidade de 0,6 metros/minuto.

O guindastre incorpora:

– Escaleiras e accesos para mantemento.

– Limitador de sobrecarga.

–Cruceta e eslingas.

– Variador de xiro.

Ano de adquisición: 2000.

N° expediente: 1999-12-1427.

4ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Espasante (A Coruña).

Un guindastre de columna tipo pluma de 360°, cunha capacidade de elevación de 8.000 kg, 6 metros de brazo e 7 metros de altura, situado no porto de Espasante, das seguintes características:

Fabricante/marca: GH.

Modelo: GHD.

N° serie: 58871.

– Movemento de elevación mediante polipasto movido por motor eléctrico de 6,5 kW a unha velocidade de 4 metros/minuto e motor eléctrico para movemento de precisión de 1,15 kW e velocidade de 0,6 metros/minuto.

O guindastre incorpora:

– Escaleiras e accesos para mantemento.

– Limitador de sobrecarga.

– Cruceta e eslingas.

Ano de adquisición: 1998.

N° expediente: 1998-12-0984.

5ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Lorbé (A Coruña).

Un guindastre pluma de columna de 360°, cunha capacidade de elevación de 1.000 kg, situado no porto de Lorbé, das seguintes características:

Fabricante/marca: Galman-Verlinde.

Modelo: Pluma 1T/3.000/3000.

N° fabricación: 191/07.

– Luz de brazo de 3 metros. Altura desde o brazo de guindastre ao chan de 3 metros. Altura de elevación (baixo gancho) de 6 metros. Tensión eléctrica principal de 380 V e de mando de 48 V. Motor de traslación de 0,3 kW e unha velocidade de traslación de 20 metros/minuto con variador VT e velocidade de precisión de 2 metros/minuto. Motor de elevación de 0,4 kW de potencia e cunha velocidade de 4 metros/minuto e velocidade de precisión de 1 metro/minuto.

O guindastre incorpora:

– Dispositivo mecánico de limitación de carga.

– Gancho con formato ergonómico e lingüeta de seguridade.

– Final de carreira alto e baixo para percorrido de gancho de 4 etapas.

– Topes mecánicos de carro.

– Redutoras de elevación e traslación totalmente encapsulada.

– Botoeira independente do carro.

Ano de adquisición: 2007.

N° expediente: 2007-14-00244.

6ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Raxó (Pontevedra).

Un guindastre hidráulico telescópico de 10 toneladas, situado no porto de Raxó, das seguintes características:

Fabricante/marca: Guerra.

Modelo: MR 500-45A1.

N° bastidor: C5523.

– Cabrestante hidráulico con freo, modelo GBW-4100, núm. 953042 con cable, limitador de tiro, final de carreira hidráulico que se vai desenvolver, polea de reenvío 6.100-10.000 kg e contrapeso, instalado.

– Central electrohidráulica CH-300P, con depósito inoxidable de 150 litros, motor eléctrico de 30 CV, bomba de pistóns, campá e acoplamento para bomba, filtros e nivel de aceite.

– Distribuidor DANFOSS eléctrico proporcional de 4 elementos.

– Equipo de radio control con caixa de conexións, botoeira e botón de emerxencia, emisor núm. 717-0710873 e receptor núm. 717-0710874.

– Báscula de peso inalámbrica, modelo LHS 125, núm. 505A-073A.

– Estrutura en cruz para eslingas, núm. EP107004.

– Xogo de eslingas (2 unidades) para 6 toneladas e 14 metros de lonxitude.

Ano de adquisición: 2007.

N° expediente: 2007-14-00199.

7ª Ficha dos bens cedidos pola Consellería do Medio Rural e do Mar:

Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Un guindastre hidráulico con dúas articulacións e un extensible hidráulico de 17 toneladas, situado no porto de Vilanova de Arousa, das seguintes características:

Fabricante/marca: Guerra.

Modelo: Marina 170.90.

N° bastidor: C2320.

Momento elevación: 17 t × m.

Alcance horizontal: 10 m.

Momento de xiro: 5,1 t × m.

Ángulo de xiro: 360°.

Cabestrante hidráulico para 3.500 kg.

Cruceta.

Rotador de xiro continuo.

Depósito de aceite en aceiro inoxidable.

Bomba hidráulica accionada mediante motor auxiliar diésel de 4 cilindros, potencia DIN 70020 54.5 kV a 2.800 rpm.

Cabina de mando en aceiro inoxidable e acristalada.

Ano de adquisición: 1997.

N° expediente: 1997-12-1633.