Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: ampliación da lonxa do porto da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: CO-12-50-12-01.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18130

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: ampliación da lonxa do porto da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 210, modificado no DOG número 229.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 5 de novembro de 2012, modificado no DOG do 30 de novembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 347.073,23 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 294.129,86 euros. Importe total: 355.897,13 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de agosto de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 13 de setembro de 2013.

c) Contratista: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 261.334,38 euros. Importe total: 316.214,60 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base con redución de prazo.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia