Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións de varias sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitucións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Terras do Centiño Productos do Campo, SAT nº 1420 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Vao-San Martiño, nº 7, 27780 Foz (Lugo); obxecto social: produción, transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas; capital social: 6.000,00 €; nº socios: 3. A súa Xunta Reitora está integrada por: Mª Carmen Rodríguez Rodríguez, presidenta; Ernesto Boizan Rego, secretario; Juan José Galdón Rodríguez, como vogal.

B) Modificacións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Cotelo, SAT nº 1060 XUGA, na acta de asemblea do 6 de xuño de 2013, e escrituras públicas da mesma data, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a baixa da socia Visitación Esmorís Boquete, que transmite a totalidade da súas participacións de forma equitativa entre os seus fillos, Carlos Manuel Cotelo Esmorís e José Manuel Cotelo Esmorís.

2. Aprobar a ampliación de capital social achegado polos socios Óscar Cotelo Esmorís, Carlos Manuel Cotelo Esmorís e José Manuel Cotelo Esmorís, correspondente a un predio valorado en 54.091,17 €, que representa 9 títulos de 6.010,13 €.

Como consecuencia da baixa da socia e da ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Óscar Cotelo Esmorís

9 títulos

54.091,17 € de capital social

José Manuel Cotelo Esmorís

9 títulos

54.091,17 € de capital social

Carlos Manuel Cotelo Esmorís

9 títulos

54.091,17 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 162.273,51 euros, e estará representado por 27 xustificantes nominativos de 6.010,13 euros cada un deles».

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

5. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Óscar Cotelo Esmorís, presidente; José Manuel Cotelo Esmorís, secretario e Carlos Manuel Cotelo Esmorís como vogal.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Caetano, SAT nº 1299 XUGA, na asemblea xeral do 17 de xuño de 2013, que ratifica a do 16 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Constantino Gil Cendán, presidente; Mª Felisa García Cordal, secretaria; María Gil García e Alba Gil García, como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Alán, SAT nº 1042 XUGA, na asemblea xeral do 29 de abril de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Joaquín Sánchez Rodríguez, presidente; Manuel Sánchez Rodríguez, secretario; José Luis Sánchez Rodríguez, como vogal.

d) A Sociedade Agraria de Transformación O Carboeiro, SAT nº 1369 XUGA, na asemblea xeral do 20 de xuño de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Ángel Lamazares Mourelos, presidente; Marcos López Marzán, secretario; Carlos Lamazares Álvarez, María Lamazares Álvarez, Roberto Lamazares Álvarez, Teresa Marzán Vilela e Ana Álvarez Ron, como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Rico, SAT nº 1051 XUGA, na asemblea xeral do 10 de abril de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Miguel Ángel Rico Rodríguez, presidente; Miguel Ángel Rico Álvarez, secretario; Libia Rodríguez Alonso como vogal.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Couto da Granda, SAT nº 1335 XUGA, na asemblea xeral do 14 de xuño de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Óscar Fernández Fernández, presidente; José Luis Fernández Arias, secretario; Trinidad Castro Docando e María Mar Fernández Castro como vogais.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Rivas Andión, SAT nº 1013 XUGA, na asemblea xeral do 30 maio de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Javier Andión Salgado, presidente; Josefa Salgado Fernández, secretaria; Amable Andión Rivas como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Rebordiños, SAT nº 852 XUGA, na asemblea xeral do 29 xuño de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María Celia Sánchez Sánchez, presidenta; José Sánchez Sánchez, secretario; Benigno Sánchez López e Avelina Sánchez Fernández como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Labregos de Lugo, SAT nº 1382 XUGA, na asemblea xeral do 24 de abril de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Alberto Vázquez Amor, que transmite a totalidade dos seus títulos de forma equitativa entre os socios restantes.

Como consecuencia da baixa e transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Villanueva Gómez

12 títulos

6.000,00 € de capital social

Manuel Rodríguez Méndez

12 títulos

6.000,00 € de capital social

Pablo Pumar Alonso

12 títulos

6.000,00 € de capital social

José Manuel Valín Rodríguez

12 títulos

6.000,00 € de capital social

Xulio Rodríguez Bermúdez

12 títulos

6.000,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Manuel Villanueva Gómez, presidente; Manuel Rodríguez Méndez, secretario; Pablo Pumar Alonso, tesoureiro; José Manuel Valín Rodríguez e Xulio Rodríguez Bermúdez, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación O Chope, SAT nº 1351 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 21.000,00 €.

Como consecuencia desta ampliación, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Iglesias Fernández

100 títulos

59.104,00 € de capital social

Jesusa Canda Pereiras

100 títulos

59.104,00 € de capital social

José Ramón Iglesias Canda

100 títulos

59.104,00 € de capital social

Manuel Iglesias Canda

100 títulos

59.104,00 € de capital social

José Ramón García Carreira

100 títulos

59.104,00 € de capital social

Visitación Isabel Iglesias Valladares

100 títulos

59.104,00 € de capital social

José Ramón García Iglesias

100 títulos

59.104,00 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 413.728,00 e estará representado por 700 xustificantes nominativos de 591,04 € cada un deles».

3. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Iglesias Fernández, presidente; Visitación Isabel Iglesias Valladares, vicepresidenta; Manuel Iglesias Canda, secretario; José Ramón García Iglesias, tesoureiro; José Ramón Iglesias Canda, Jesusa Canda Pereiras e José Ramón García Carreira, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Quinto, SAT nº 1055 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xuño de 2013, que ratifica a do 26 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por defunción do socio Antonio Veiga Pandelo. A masa de herdeiros determina que sexa a súa esposa, Carmen Sánchez Fernández, a que represente o socio falecido na sociedade.

2. Aprobar a alta como socia a Carmen Sánchez Fernández.

Como consecuencia desta alta, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ángel Veiga Sánchez

14 títulos

42.070,84 € de capital social

José Antonio Veiga Sánchez

14 títulos

42.070,84 € de capital social

Carmen Sánchez Fernández

14 títulos

42.070,84 € de capital social

3. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Ángel Veiga Sánchez, presidente; José Antonio Veiga Sánchez, secretario; Carmen Sánchez Fernández, como vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Gandeiros de Oribio, SAT nº 1405 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xuño de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a transmisión de 205 títulos de Gloria Carballo Doval a favor de David Ramilo Carballo.

2. Aprobar a alta do novo socio David Ramilo Carballo.

Como consecuencia da transmisión de títulos entre socios, o capital social da sociedade queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Gloria Carballo Doval

  20 títulos

  4.000,00 € de capital social

Cristóbal Carretero Carballo

225 títulos

45.000,00 € de capital social

Mª Virtudes Río Quiroga

225 títulos

45.000,00 € de capital social

David Ramilo Carballo

205 títulos

41.000,00 € de capital social

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Gloria Carballo Doval, presidenta; Cristóbal Carretero Carballo, secretario; Mª Virtudes Río Quiroga e David Ramilo Carballo, como vogais.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Covallo, SAT nº 1162 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Josefa López Martínez, presidenta; Ricardo López Martínez, secretario; Ovidio Núñez Valcárcel, Antonio Moreira López, Mª Luz Fernández Mourín, Amador Fernández Caloto, Aníbal Goyanes Castro e Gerardo López Valcárcel, como vogais.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Castrelo, SAT nº 1220 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección dos cargos da nova Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Fernández Varela, presidente; Luis Miguel Fernández Varela, secretario; Alicia Fernández Varela, como vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación O Recanto, SAT nº 1282 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xuño de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto social, incluíndo a renovación parcial con proporcionalidade de cargos cada dous anos.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Miragaya Bermúdez, presidente; José González Miragaya, secretario; José María Miragaya Orosa e Mª Carmen Miragaya Orosa, como vogais.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Virgen Fátima, SAT nº 1301 XUGA, na asemblea xeral do 31 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Eduardo Sanjurjo Santamariña, presidente; Pablo Santamariña Miragaya, secretario; José Manuel Ares Mahia, como vogal.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Xan, SAT nº 1048 XUGA, na asemblea xeral do 1 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Pablo Redondas Dorado, presidente; María Josefa Dorado Vijande, secretaria; José Redondas Seivane e Mª Teresa Redondas Dorado, como vogais.

r) A Sociedade Agraria de Transformación Casa Román, SAT nº 1252 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Román Torres Labrada, presidente; Daniel Torres Rielo, secretario; María Erundina Labrada Flores, como vogal.

s) A Sociedade Agraria de Transformación García Quintana, SAT nº 1126 XUGA, na asemblea xeral do 1 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio García García, presidente; María Berta Quintana Rodríguez, secretaria; Carlos García Martínez e Antonio Quintana Fernández, como vogais.

t) A Sociedade Agraria de Transformación Jasman, SAT nº 705 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Secundina Rodríguez Iglesias, presidenta; Ángel Cid Cabido, secretario; Augusto Cid Cabido e Mercedes Fernández Grande, como vogais.

C) Disolucións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Graña de Sevil, SAT nº 929 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xuño de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Jesús Ramón Cainzos García, Manuel Fernández Fernández e María Ramona García López.

D) Cancelacións.

a) A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Vila, SAT nº 890 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria