Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión dun servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial e diúrna terapéutica-ocupacional, para persoas con discapacidade intelectual, coa entidade Compañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, na área urbana de Lugo, mediante a modalidade de concerto, polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 56/2013.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial e diúrna terapéutica-ocupacional, para persoas con discapacidade intelectual, na área urbana de Lugo, mediante a modalidade de concerto.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 356.611,21 € (IVE exento).

1.5. Formalización:

a) Data: 18.7.2013.

b) Contratista: Compañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 337.618,85 € (IVE exento).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar