Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación dos estatutos da entidade Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establecen a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos Obxecto e actividade económica da entidade Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral ordinaria do 30 de xuño de 2012, por unanimidade de votos, que amplía o seu obxecto social ás seguintes actividades: servizos relacionados coa promoción e produción musical, xestión de actividades musicais e selo discográfico. Formación relacionada coa música e con todas as actividades prestadas,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos Obxecto e actividade económica da entidade Sonaxe, Sociedade Cooperativa Galega.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña