Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle na Sardiñeira (631/199/2013).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 6 de setembro de 2013, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes e fixación de condicións estéticas dun equipamento docente na Sardiñeira, A Coruña, promovido polo concello.

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que considere oportunas. A consulta pode efectuarse no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laborable, de luns a venres, así como na páxina web do concello.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo