Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 2 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de denegación da ampliación do período de subsidiación do préstamo por adquisición de vivenda protexida relativa aos expedientes 36-A-0579/98 e P-AQ-0005/08.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de denegación da ampliación do período de subsidiación do préstamo.

Pontevedra, 2 de setembro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: 36-A-0579/98.

Nome: María Alonso González.

Enderezo: rúa Fermín Bouza Brey, 9, 5º A, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Asunto: denegación da ampliación.

Expediente: P-AQ-0005/08.

Nome: Juan Carlos Rodríguez Rodríguez.

Enderezo: avda. Estación 24, edif. Carreira, 2, 2º H, 36540 Silleda.

Asunto: denegación da ampliación.