Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40165

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4.2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o segundo cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2013

Título

Obxecto

Data
de sinatura

Importe (€)

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Financiamento da Universidade Sénior.

2.5.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Galicia (Afaga), para o financiamento do proxecto «estimula-dom».

Financiamento do proxecto «estimula-dom».

3.5.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de pais e persoas con trastornos xeneralizados do desenvolvemento (Raiolas-Autismo Lugo), para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

6.5.2013

3.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Autismo Ourense (Autismo Ourense), para o financiamento do mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

7.5.2013

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a União Empresarial do Vale do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a União Empresarial do Vale do Minho para a realización das actividades que figuran no Convenio VS/2012/0143.

10.5.2013

1.064,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento da actividade de coordinación do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia, para a realización das actividades de coordinación do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

10.5.2013

28.942,86

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade do Minho para a realización das actividades que figuran no Convenio VS/2012/0143.

10.5.2013

3.542,36

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Associação Empresarial de Viana do Castelo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Associação Empresarial de Viana do Castelo para a realización das actividades que figuran no Convenio VS/2012/0143.

10.5.2013

1.235,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o centro asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior.

Financiamento do programa UNED Sénior.

13.5.2013

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio ás familias monoparentais.

Financiamento dun programa de atención a familias monoparentais.

13.5.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de entidades e organizacións protectoras de persoas con autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas.

Colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no financiamento do mantemento da Federación e das entidades federadas e das actuacións que ten previsto desenvolver Autismo Galicia durante o ano 2013, orientadas á atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia.

14.5.2013

125.572,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas, así como das actividades que comporta o servizo que Cogami ten previsto desenvolver durante o ano 2013.

14.5.2013

731.398,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación galega de institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia, e ás súas familias, e do mantemento da federación.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento de Down Galicia e das actividades que comporta o servizo que Down Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2013.

14.5.2013

418.674,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Fademga Feaps Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Fademga Feaps Galicia.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento de Fademga Feaps Galicia, así como o desenvolvemento de actividades a prol do colectivo das persoas con discapacidade intelectual na Comunidade Autónoma de Galicia.

14.5.2013

370.091,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (Faxpg), para a realización do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da federación.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento de Faxpg e das actividades que comporta os servizos que Faxpg ten previsto desenvolver durante o ano 2013.

14.5.2013

756.493,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de asociacións de familiares e enfermos mentais de Galicia (Feafes-Galicia), para o financiamento dos seus programas dirixidos ás persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia das actividades que comporta o servizo que Feafes-Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2013.

14.5.2013

465.840,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación galega de dano cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido.

14.5.2013

115.051,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Comité de entidades representantes de persoas con discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

14.5.2013

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación cultural galega de formación permanente de adultos (Ategal) para o financiamento das aulas da terceira idade.

Financiamento das aulas da terceira idade.

14.5.2013

60.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación territorial de asociacións provinciais de pensionistas e xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades.

Financiamento de actividades.

14.5.2013

28.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento da entidade, así como das actividades que comporta o servizo que Fagal ten previsto desenvolver durante o ano 2013.

16.5.2013

22.838,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través dos centros de atención ás persoas con discapacidade da súa titularidade.

O obxecto deste convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, que a entidade Agasfra desenvolve a través dos centros dos cales é titular.

16.5.2013

1.921.553,28

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación galega de enfermidades raras e crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación.

Financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación.

21.5.2013

18.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Igual Arte, para desenvolver o programa de difusión e celebración dos dez anos da fundación, dirixido a persoas con discapacidade.

O obxecto do presente convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no financiamento do programa de difusión e celebración dos dez anos da Fundación Igual Arte. Vai dirixido ás persoas con discapacidade e ao público en xeral, co fin de colaborar cara á normalización, a integración e, en definitiva, nunha sociedade máis igual para todos/as.

22.5.2013

6.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Caldas de Reis para a realización de prácticas prelaborais de persoas usuarias do Centro Ocupacional O Saiar.

Este convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes do presente convenio, para o establecemento dunha adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación das prácticas de xardinaría e similares de persoas con discapacidade intelectual usuarias do Centro Ocupacional O Saiar.

24.5.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e EXL Quintaglass, S.L. para a subvención da formación asociada ao contrato para a formación e a aprendizaxe.

Financiamento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe formalizados pola empresa EXL Quintaglass, S.L.

27.5.2013

27.945,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación galega de asociacións de atención ás persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de respiro familiar e do mantemento da entidade.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia do mantemento da Federación Aspace Galicia, co fin de prestar servizos de apoio, asesoramento e respiro ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con parálise cerebral e ás súas familias.

29.5.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Galicia Europa para o desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a xuventude galega.

Actividades de información, documentación e asesoramento á xuventude galega que demanda información sobre Europa.

29.5.2013

42.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento e difusión do programa Carné Xove no ámbito da Administración local.

Desenvolvemento, promoción e difusión do programa do Carné Xove entre as entidades locais de Galicia.

29.5.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.5.2013

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo.

Programa de actuación, denominado xenericamente Acceder, que versará especialmente sobre materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ao emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios, entes públicos e estudos e metodoloxías para aplicar aos programas.

30.5.2013

64.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Esclavas de la Virgen Dolorosa de Crecente, para contribuír ao apoio do servizo que presta na atención a persoas con discapacidade intelectual.

O obxecto do presente convenio é a colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar no apoio á atención de persoas con discapacidade intelectual que a entidade Esclavas de la Virgen Dolorosa de Crecente presta a este colectivo.

31.5.2013

250.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial da Coruña para a continuidade da unidade de promoción e desenvolvemento (UPD).

Continuidade da unidade de promoción e desenvolvemento (UPD).

31.5.2013

194.718,56

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de parapléxicos e grandes minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia.

Financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia.

3.6.2013

35.827,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores.

Financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores.

4.6.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación galega das persoas maiores, xubilados e pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades.

Realización de actividades.

5.6.2013

14.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación galega de organizacións de maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades.

Realización de actividades.

5.6.2013

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver un programa de asistencia odontolóxica ás persoas maiores e/ou con discapacidade nas seguintes residencias públicas: A Pobra do Caramiñal, Burela, Monforte de Lemos e

A Estrada.

O obxecto deste convenio é establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela cara a un axeitado desenvolvemento dun programa de asistencia odontolóxica destinado ás persoas maiores e/ou con discapacidade ingresadas nos centros residenciais públicos.

10.6.2013

33.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami), para o financiamento de programas de formación profesional e formación ocupacional de persoas con discapacidade, no 2013, con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE).

Financiamento do programa de cursos de formación profesional dirixidos a persoas con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e que residan na Comunidade Autónoma de Galicia, que a entidade Cogami vai desenvolver ao longo do ano 2013.

Financiamento do programa de cursos de formación ocupacional dirixidos a persoas con grandes discapacidades, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que a entidade Cogami vai desenvolver durante o ano 2013 con carácter presencial no centro de Fingoi, situado na localidade de Lugo, e a distancia para o resto das localidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

11.6.2013

520.785,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e as súas familias.

O obxecto do convenio é contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Traballo e Benestar, dun programa de desenvolvemento infantil e atención psicosocial ás familias de nenos/as con discapacidade, mediante dúas unidades destinadas á asistencia integral ás familias con nenos/as de 0 a 16 anos, con prioridade para os menores de 6 anos en situación de risco biolóxico e/ou psicosocial, que a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) desenvolve nas comarcas do Deza e do Salnés.

11.6.2013

200.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop).

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Centro de Estudios Cooperativos para a realización de actividades do devandito Centro de Estudios Cooperativos.

14.6.2013

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial da Coruña para a coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

Coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia da Coruña e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

18.6.2013

800.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial de Ourense para a coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

Coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia de Ourense e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

18.6.2013

400.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial de Pontevedra para a coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

Coordinación da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais da provincia de Pontevedra e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados e desempregadas.

18.6.2013

800.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

21.6.2013

300.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de asociacións provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades.

Mantemento da entidade e a realización de actividades.

25.6.2013

5.000,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Aloumiño para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar nas cidades de Pontevedra e Vigo.

É obxecto deste convenio establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Aloumiño, para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar a través dun servizo de punto de encontro nas cidades de Pontevedra e Vigo.

1.7.2013

54.833,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de pais en favor das persoas con atraso mental de Ourense para financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente.

Financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente.

8.7.2013

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas.

É obxecto deste convenio a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para a realización, por parte desta última, dunha seria de actuacións encamiñadas á captación, e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas constituídas con esa finalidade.

9.7.2013

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Programa integral de atención ás persoas sen fogar que carezan de residencia ou domicilio estable e estean en situación sociofamiliar vulnerable, sen ingresos nin traballo e en situación de exclusión social. As accións basicamente comprenden:

– Detectar patoloxías mentais, alcoholismo e outras adiccións sufridas polas persoas destinatarias do programa.

– Informar e derivar os usuarios cara os servizos pertinentes.

– Proporcionar asesoramento social e legal.

12.7.2013

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Quintastone, S.A. para a subvención da formación asociada ao contrato para a formación e a aprendizaxe.

Financiamento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe formalizados pola empresa Quintastone, S.A.

17.7.2013

13.041,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Aluminios Padrón, S.A. para a subvención da formación asociada ao contrato para a formación e a aprendizaxe.

Financiamento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe formalizados pola empresa Alumnios Padrón, S.A.

17.7.2013

14.904,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico «Proxecto home» de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

É obxecto deste convenio a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas a inserción sociolaboral, englobadas nun programa marco denominado «Proxecto home», de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, atendendo, no marco de accións do II PGIS, especialmente aos principios de anonimato, voluntariedade e gratuidade da asistencia.

18.7.2013

135.786,24

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos «Pía da Casca» do CEIP As Mercedes, relativo á utilización das instalacións do comedor e do salón de actos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas.

Utilización gratuíta por parte da Asociación de Nais e Pais de Alumnos «Pía da Casca» do CEIP As Mercedes das instalacións do comedor e do salón de actos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense.

22.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Autónomos de Galicia para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Autónomos de Galicia, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Bola para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello da Bola, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Xermade para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Xermade, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Camariñas para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Camariñas, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cariño para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cariño, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Calvos de Randín para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Calvos de Randín, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Riós para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Riós, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Oia para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Oia, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Boqueixón para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Boqueixón, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de desenvolvemento rural «Mariñas-Betanzos» para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de desenvolvemento rural «Mariñas-Betanzos», para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación do pequeno comercio da Pobra do Caramiñal para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación do pequeno comercio da Pobra do Caramiñal, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación O Vieiro Leboreiro para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación O Vieiro Leboreiro, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera (Apetamcor) para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera (Apetamcor), para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa-Zona Norte para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa-Zona Norte, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria «Terra de Celanova» para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria «Terra de Celanova», para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios da Coruña para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios da Coruña para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Ronsel para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Ronsel para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (Ucogatra) para adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (Ucogatra) para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

30.7.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa na provincia de Pontevedra.

Desenvolvemento no ámbito da Xefatura Territorial de Vigo, do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa mediante o cal se facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores por membros da súa propia familia.

31.7.2013

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación tutelar galega para persoas con discapacidade intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

Financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

2.8.2013

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións de voluntariado dirixidas a persoas maiores.

Desenvolvemento de accións de voluntariado dirixidas a persoas maiores.

26.8.2013

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Novagalicia Banco para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

Desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

28.8.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Novagalicia Banco para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

Desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

28.8.2013

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.-Turgalicia, a Asociación Galega de Familias Numerosas e a entidade colaboradora Manzaneda-Estación Invernal, S.A. (Meisa) para a colaboración na xestión do programa de turismo de montaña en familia.

Concesión de descontos no prezo das estadías de fin de semana ás familias numerosas, que poderán gozar por un prezo reducido de estadías e actividades no Parque Natural de Manzaneda-Estación Invernal, S.A.

30.8.2013

10.000,00