Centros Comerciales Carrefour, S.A. solicitou licenza municipal para a instalación e apertura da actividade de venda polo miúdo de carburantes, na parcela AC-1, sector PP-4 O Boial (parque Ferrol). Sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que poida examinarse o expediente, no Negociado de Licenzas deste concello, e formularse por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas, de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental.
Ferrol, 17 de setembro de 2013
Guillermo Evia Pérez
Concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación

