Gandeiría Rebolo solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto modificado para a construción de silos, fosa de xurro e ampliación de nave para mellora de explotación de gando vacún sito no lugar de Rodriz (Sa). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
O Páramo, 10 de setembro de 2013
Gumersindo A. Rodríguez Liz
Alcalde

