Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-46/2012 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de setembro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-46/2012.

Interesado: José Guerra López.

Último enderezo coñecido: Campo de Poste, 20, ático A5.

Acto de notificación: proposta da resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S. LU-66/2012.

Interesado: Manuel Barreiro Agra.

Último enderezo coñecido: avenida das Fontiñas, 168, port. 2-4º A, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: E.S. LU-81/2012.

Interesado: José López López.

Último enderezo coñecido: rúa San Eufrasio,14-16, 2º B, Sarria.

Acto de notificación: proposta da resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S. LU-83/2012.

Interesado: Antonio Platas Ferreiro.

Último enderezo coñecido: avenida das Américas, 104-3º B, Lugo.

Acto de notificación: proposta da resolución do expediente sancionador.