De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a comunicación do procedemento LU-CAZ-0052/2012-V.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, situadas na rúa San Lázaro, 83, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada comunicación e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013
Susana Cuesta Fariña
Subdirectora xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
ANEXO
Expediente: LU-CAZ-0052/2012-V.
Interesado: Daniel Romero Espiño.
Acto de notificación: comunicación.
Último enderezo coñecido: Fontes, Nodar, 2, 27229 Friol (Lugo).

